Sarela participa no encontro "Conectados por la accesibilidad"

29/01/2016

O proxecto desenvolve a app Mefacilyta con casos de uso que sexan referencia para o maior número posible de persoas con discapacidade

Sarela estivo o martes e mércores desta semana participando xunto con máis de cen persoas no encontro do proxecto Conectados por la accesibilidad da Fundación Vodafone e que xuntou a representantes de entidades de FEDACE, ASPACE, PLENA inclusión España, Down España e Orden Hospitalaria de San Juan de Dios.

 

Este proxecto desenvolve a aplicación  Mefacilyta, unha ferramenta pensada para axudar ás persoas con discapacidade no fogar, traballo, tempo de ocio, rehabilitación etc. Esta app ofrece información personalizada a través de accesos rápidos e adaptados ás necesidades dos usuarios.

 

O proxecto Conectados pola accesibilidade desenvolve esta aplicación con casos de uso que sirvan de referencia para o maior número posible de persoas con discapacidade. Este ano traballarase para acordar que casos resultan de interese para a maioría e os seus modelos quedarán a disposición nunha web na que calquera persoa poderá descargalos ou, se o prefire, achegar os seus propios contidos.

 

A partir deste encontro as entidades crearán, probarán cos seus usuarios e proporán ao resto de organizacións os casos de uso da aplicación.

 

FEDACE (Federación española de daño cerebral) colabora coa Fundación Vodafone España desde o ano pasado e Sarela participa no proxecto Mefacilyta xunto con ADACCA – Cádiz, ADACEN – Navarra, ATECEA – Zaragoza e ATENEO – Castellón, todas elas entidades do movemento asociativo do dano adquirido. 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información